Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Santiago pon sobre a mesa aplicar unha taxa turística

O Concello de Santiago pon sobre a mesa aplicar unha taxa turística

O imposto serviría como inxección de fondos para atender necesidades derivadas da presión turística

G24.gal 17/11/2021 16:08

Ao tempo que se vai recuperando o turismo tras a pandemia, recupérase tamén o debate de se habería que implantar unha taxa turística que axude a cubrir as necesidades que se derivan precisamente desa presión de visitantes. En Santiago a idea está sobre a mesa.

É xa un vello debate na capital galega, que é dos lugares que máis presión turística ten en relación cos seus habitantes e o que máis prazas hoteleiras oferta en Galicia. Por iso, desde a administración municipal ven con bos ollos a posibilidade de implantar a taxa turística como xa fixeron en Cataluña ou as Baleares, e tamén en boa parte dos países da Unión Europea.

"Eu manifesteime en moitas ocasións a favor da existencia dunha taxa turística que despois haberá que modular ou dicir como", asegura Sindo Guinarte, concelleiro responsable de Turismo.

A idea sería que a taxa puidese ser unha inxección de fondos para atender as necesidades que se derivan precisamente da presión turística na cidade. Iso si, lembran dende o Concello que, en todo caso, a implantación dunha taxa requiriría habilitación legal a través dunha lei autonómica.

Para algúns, implantala sería unha maneira de axudar a manter a cidade. Pero outros cren que pagar ese extra podería espantar visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade