Publicador de contidos
Publicador de contidos

O conselleiro de Facenda urxe o Goberno para que revise o modelo de financiamento das autonomías

O conselleiro de Facenda urxe o Goberno para que revise o modelo de financiamento das autonomías

Miguel Corgos asistiu en Valencia ao congreso da Rede de investigadores en Financiamento Autonómico e Descentralización Financeira

G24.gal 08/05/2024 14:59 Última actualización 08/05/2024 16:00

Analistas en financiamento autonómico debaten estes días en Valencia sobre como renovar un modelo que leva 10 anos caducado. O conselleiro de Facenda participou nunha das mesas de debata dese foro da RIFDE.

Miguel Corgos pediulle o Goberno que acelere a revisión do sistema, e presente xa unha proposta para renovalo. Explicou que supón "case o 80 por cento" dos recursos das comunidades autónomas para financiar os presupostos, así que "é fundamental" para o funcionamento dos servizos que prestan. 

Á hora de deseñar un novo modelo de financiamento autonómico, pide que se teñan en conta as especificidades de cada territorio. "O novo modelo debe garantir unha prestación equitativa dos servizos que temos atribuídos as comunidades -dixo Corgos- e para iso hai que estudar os diferentes custos en cada comunidade, neutralizar esa diferenza de custos, e garantir esa igual prestación de servizos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade