Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballadores de Navantia Ferrol traslándalle a súa preocupación ao delegado do Goberno

Traballadores de Navantia Ferrol traslándalle a súa preocupación ao delegado do Goberno

O comité de empresa denuncia a falta de avances na negociación do novo convenio colectivo e do plan estratéxico

Pedro Blanco comprometeuse a mediar para desbloquear as negociacións
G24.gal 20/05/2024 12:26

O comité de empresa de Navantia Ferrol reuniuse este luns co delegado do Goberno. Os representantes dos traballadores trasladáronlle a Pedro Blanco a súa preocupación pola falta de avances na negociación do novo convenio colectivo e do plan estratéxico.

Piden que se faga a escala salarial para os grupos profesionais 1 e 2, eliminar ou reducir os niveis de entrada, un sistema de promocións xusto, redución laboral e flexibilidade horaria, un plan de saídas e un contrato de remudas que incorpore novos traballadores ao cadro de persoal. 

O delegado do Goberno comprometeuse a trasladar as súas peticións e mediar para desbloquear as negociacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade