Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan en Vigo e Portugal máis de mil quilos de coca agochada en melóns e zumes

Comisan en Vigo e Portugal máis de mil quilos de coca agochada en melóns e zumes

Trátase dunha operación conxunta realizada nos portos de Vigo e de Sines (norte de Portugal) en colaboración coa policía lusa

Foron detidas tres persoas en Portugal; unha está xa en prisión preventiva

A policía aprehendeu 490 quilos de cocaína escondidos en "bolsas esféricas de goma" no interior de melóns sen pulpa (Fonte: Policía Nacional)
G24.gal 20/05/2024 12:44 Última actualización 20/05/2024 14:28

Máis de mil quilogramos de cocaína foron comisados ocultos no interior de froitas e de zumes nunha operación conxunta levada a cabo nos portos de Vigo e de Sines (norte de Portugal) na que foron detidas tres persoas.

Na operación, a Policía inspeccionou no porto de Vigo un contedor de froita dun barco procedente do Brasil en cuxo interior acharon "melóns sen polpa recheos de cocaína".

Entre os 21 palés de melóns, axentes aduaneiros e policiais incautáronse de 490 quilos de cocaína escondidos en "bolsas esféricas de goma" no interior desas froitas.

Ese comiso produciuse despois dunha investigación iniciada polas autoridades xudiciais lusas, que desde hai meses tiñan "coñecemento da existencia dunha organización que introducía grandes cantidades de cocaína procedente de América do Sur" utilizando "eficaces métodos de ocultación" da droga, segundo a Policía.

As autoridades lusas lograron finalmente comisar no porto de Sines, próximo ao Porto, un cargamento de 535 quilos de cocaína oculto no interior de envases de zumes.

Na operación foron detidas tres persoas en territorio portugués, que xa foron postos á disposición das autoridades xudiciais, quen ditaminou unha orde de prisión preventiva para un deles.

A causa, en que participou Axencia Tributaria, a Policía Nacional e a Polícia Judiciária de Portugal, segue aberta en España e non se descartan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade