O Consello de Comunidades Galegas elixe novos representantes da Galicia exterior
O Consello de Comunidades Galegas elixe novos representantes da Galicia exterior
Oitenta entidades compartiron proxectos no eido cultural, social, de retorno e da galeguidade
A vicepresidenta segunda da Xunta destacou as oportunidades de traballo e formación para os galegos retornados
O Consello de Comunidades Galegas, no que participan oitenta entidades da Galicia exterior elixe os novos membros da comisión que representarán nos próximos anos a colectividade galega que reside fóra do país.
Este sábado a vicepresidenta segunda, Ánxeles Vázquez, asegurou que Galicia non se entende sen os máis de 500.000 galegos do exterior. Insistiu nas políticas de apoio aos emigrantes e aos seus descendentes que queiran retornar, tanto no ámbito educativo, coma no social e no laboral.
"Se o século XX foi o século da emigración o século XXI ten que ser o século do retorno. Estamos nun momento onde precisamos persoas formadas que temos que seguir atraendo, porque son moitas as empresas que están buscando xente. O que máis nos gustaría é que houbera moitos retornados na vindeira lexislatura".