Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Constitucional admite o recurso do PSOE contra a sentenza que rexeita revisar votos nulos en Madrid

O Constitucional admite o recurso do PSOE contra a sentenza que rexeita revisar votos nulos en Madrid

Os socialistas pediran revisar máis de 30.000 votos nulos en Madrid coa esperanza de recuperar un escano

G24.gal 05/09/2023 19:26

O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso do PSOE contra a sentenza que rexeitou revisar máis de 30.000 votos nulos contabilizados en Madrid nas eleccións xerais.

Os socialistas formularon esta petición coa esperanza de poder recuperar un escano perdido a favor do PP.

O Constitucional adoptou a decisión por unha maioría de catro a dous.

Os maxistrados que votaron a favor foron a vicepresidenta Inmaculada Montalbán, María Luisa Balaguer, Ramón Sáez Valcárcel e Laura Díez, encadrados no sector progresista, mentres que César Tolosa e Enrique Arnaldo, do conservador, fixérono en contra.

Esta admisión a trámite non implica ningunha valoración sobre o fondo do recurso.

A semana que vén a Sala volverá reunirse para decidir sobre o fondo do asunto, é dicir, se estima ou non o recurso que interpuxeron os socialistas contra a sentenza do Tribunal Supremo que rexeitou a revisión dos votos nulos obtidos na circunscrición de Madrid.

Se o PSOE recupera ese escano perdido, só sería necesaria a abstención de Junts para unha eventual investidura de Pedro Sánchez.

Os socialistas acudiron á Xunta Electoral de Madrid e á Xunta Electoral Central (XEC), e, tras senllos rexeitamentos, recorreron ao Tribunal Supremo, que tamén desestimou a súa petición ao considerar que non se dan os requisitos esixidos na doutrina nin se achegaron datos que verifiquen a relevancia do reconto no resultado.

"A mera diferenza numérica nos resultados que se aduce neste caso (1.200 votos) non é base suficiente para a revisión", sentenciou o Supremo, en contra do criterio da Fiscalía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade