O Coruxo dá o pau no campo do Polvorín (0-3)
O Coruxo dá o pau no campo do Polvorín (0-3)
Rompe a serie de tres derrotas grazas aos goles de Pitu, Youssef e Focareta
O Polvorín estrelou dous disparos á madeira na primeira parte
O Coruxo rompeu a serie de tres derrotas consecutivas cunha vitoria no campo do Polvorín por 0-3. Marcaron Pitu, Youssef e Focareta.
No primeiro tempo decidiu o acerto do equipo vigués. O Polvorín xerou moitas e boas ocasións pero non estivo eficaz diante da portería de Alberto. Idrissa e Luís Castro estrelaron os seus lanzamentos contra o ferro e Iago Novo fallou unha moi clara diante da portería. Pola contra o Coruxo acertou no primeiro achegamento claro cun gran lanzamento de Pitu Doncel.
Na segunda parte avisou Yelco cun remate que se estrelou no traveseiro e petou na liña de gol. O segundo tanto marcado por Youssef Al Watani acabou por sentenciar o partido. No minuto 80 Lisandro Focareta marcou o 0-3 definitivo aproveitando un erro de Julen.