Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo perde co Salamanca cun gol no minuto 89 (2-3)

O Coruxo perde co Salamanca cun gol no minuto 89 (2-3)

Desta volta ao equipo vigués saíulle cruz no treito final despois de ir gañando en dúas ocasións

O gol da vitoria salmantina, obra do galego Ares

G24.gal 28/09/2024 21:16

O Coruxo caeu derrotado diante do Salamanca, na terceira xornada consecutiva que o seu partido se decide nos últimos minutos logo de gañar os dous anteriores. Desta volta foi mellor co Salamanca, especialmente na primeira metade, pero os visitantes foron estiveron máis atinados.

Logo duns primeiros minutos de tenteo, Brais Penela tivo o primeiro nun remate que petou no traveseiro e botou na liña de gol. Foi un primeiro aviso que, despois, plasmou no marcador Willy, cunha gran cabezada á saída dun córner.

Pero o Salamanca foi quen de levantarse, acadando o empate nunha das primeiras ocasións das que dispuxo. Asistía Álex Caramelo, e Juancho remataba a pracer.

Pero o Coruxo fixo xustiza antes do descanso. Unha falta sacada con intelixencia por Álex Rey, que habilitou a Johan. A asistencia deste rematábaa a gol Binke.

Á volta do descanso o Salamanca axustou a táctica e conseguiu amolar moito ao Coruxo con centros laterais, Dun deles saía o empate a dous, obra de Alvarito.

E, co Coruxo á busca do terceiro, volveu marcar Ares, cunha gran definición logo doutro servizo desde a esquerda. Aínda tivo tempo Álex Pérez de acariñar o empate cun remate que saíu lambendo o pau á saída dun córner. Pero o Salamanca levou o triunfo, adiantando na táboa a un Coruxo que non sabe empatar. Acumula dúas vitorias e tres derrotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos