Cargando resultados...
O Coruxo tira proveito da súa efectividade nos lanzamentos de córner
O Coruxo tira proveito da súa efectividade nos lanzamentos de córner
Os tres goles do triunfo ante o Polvorín (3-1) chegaron desde o recanto
Malia o triunfo seguen os apertos clasificatorios para os de Maté e Otero
G24.gal
23/04/2023 19:40
O Coruxo gañou ante o Polvorín (3-1) e mantense fóra dos postos de descenso. O resultado non alivia os apertos clasificatorios porque todos os rivais directos conseguiron gañar os seus partidos.
A vitoria fundamentouse nos lanzamentos de córner. Os tres goles chegaron desde o recanto, dous deles marcados por Andriu (25' e 83') e Youssef Al Watani (59'). O Polvorín, malia o descenso consumado, pelexou ata o final do encontro, recortou diferenzas cun gol de Edu Taboada (69') e meteulle o medo no corpo ao equipo local.