Publicador de contidos
Publicador de contidos

O crecemento económico está en máximos, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O crecemento económico está en máximos, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 05/12/2024 08:07

Os últimos prognósticos da OCDE están en liña con outras previsións, e apuntan a uns datos francamente bos para este ano, onde España se pon como a terceira economía da OCDE con mais crecemento despois de Costa Rica (4 %) e Turquía (3,5 %). Os datos de España contrastan cos dos grandes países da Unión Europea, como Alemaña, Francia e Italia, que mostran un comportamento mais que humilde.

Pero a OCDE indica o que comentaba onte, que moderará o seu crecemento, entrando nunha senda positiva pero mais moderada, chea de riscos. O primeiro, o efecto que terán na nosa economía as debilidades das economías de Centroeuropa; o segundo, unha posible elevación dos prezos enerxéticos.

Tamén fai fincapé na necesidade dunha mellora da eficiencia do gasto publico e na necesidade de ter outro tipo do IVE, que teña unha base mais ampla, cuns tipos mais acordes coa norma europea. Por último, resalta os desaxustes na educación publica e a necesidade de aliñar a demanda laboral coa oferta educativa publica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade