Publicador de contidos
Publicador de contidos

O custo anual da pobreza infantil en España supera os 63.000 millóns de euros

O custo anual da pobreza infantil en España supera os 63.000 millóns de euros

É unha das principais conclusións do estudo feito polo alto comisionado contra a pobreza infantil

G24.gal 06/03/2023 14:44

O custo anual da pobreza infantil en España supera os 63.000 millóns de euros. Son preto de 1.300 euros por persoa. É unha das principais conclusións do estudo feito polo alto comisionado contra a pobreza infantil, que por vez primeira mide o impacto económico desta realidade.

Ao acto de presentación acudiu hoxe o presidente do Goberno. Alí Pedro Sánchez defendeu as políticas impulsadas dende o Goberno para tratar de combater este problema "freando" o incremento da pobreza infantil en 11 puntos, e grazas ao escudo social evitouse que case un millón de nenos e adolescentes caesen na pobreza

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade