Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca gaña o trofeo Teresa Herrera

O Deportivo Abanca gaña o trofeo Teresa Herrera

Un golazo de Eva Dios e outro de Millene dobregaron o Athletic

G24.gal 10/08/2024 20:13

Final do trofeo Teresa Herrera feminino entre o Deportivo e o Athletic Club de Bilbao, dous equipos históricos que volverán a verse ás caras este ano na primeira división feminina.

O partido comezou moi igualado, ningún dos dous equipos era capaz de controlar o balón, e as ocasións non chegaban, pero o fútbol é un deporte de xenios, e chegou unha xenialidade, Eva Dios recollía o balón a corenta metros da portería e disparaba a porta metendo un gol moi bonito. Poucos minutos despois chegaba o segundo do Deportivo cunha boa definición de Millene. O Dépor semellaba ter controlado o partido pero nunha ocasión illada o Athletic lograba achegarse no marcador cun bo xiro e definición de Sanadri.

Na segunda metade, como na maioría de partidos de pretemporada, comezaron a introducirse os cambios, o que lle restou moito ritmo ao partido. Sen apenas ocasións claras o segundo tempo rematou como empezou, coa vitoria por dous goles a un do Deportivo que se alza co trofeo Teresa Herrera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar