O deportivismo recupera o sorriso e confía no ascenso
O deportivismo recupera o sorriso e confía no ascenso
O deportivismo ferve coma antano. Máis dun milleiro de persoas acompañaron o líder da Primeira Federación a Majadahonda. O club vai camiño dos 20.000 abonados. Cifras inauditas para esta categoría. Nin dous descensos case consecutivos nin a pandemia fixeron estragos na parroquia brancoazul, que volve later aínda con máis forza á calor dun equipo que responde. O fenómeno chama a atención no fútbol español.
Luis Martínez, presidente da Federación de Peñas do Deportivo: "A afección nunca vai fallar".
Luis Rodríguez Vaz, exadestrador do Deportivo: "Esta afección é tremenda, única en España".
A reforzar ese vencello contribúe un equipo moi seguro de si, que só cedeu dúas derrotas e foi líder en oito das trece xornadas disputadas. A contorna ve elementos de xuízo para o declarar favorito ao ascenso.
Luis Rodríguez Vaz: "Por suposto que é favorito, é un equipo equilibrado no cadro de xogadores".
Luis Martínez: "Tense que dar, están funcionando ben as cousas".
Así e todo, o camiño é longo. Aínda lle quedan vinte e cinco etapas e só o campión obtén o premio gordo do ascenso directo.