O Deportivo Abanca compite contra o Barcelona, pero acaba cedendo (0-3)
O Deportivo Abanca compite contra o Barcelona, pero acaba cedendo (0-3)
As de Irene Ferreras comezaron a Liga con derrota diante dun dos mellores equipos do mundo
Comezou a Liga para o Deportivo Abanca, e fíxoo cun deses partidos que non serven para ver o estado de forma dun equipo. Pasaba por Riazor o todopoderoso Barcelona, pero o certo é que as coruñesas competiron a moi bo nivel, e mesmo chegaron ao descanso sen encaixar goles.
Co paso dos minutos, as campioas de Europa impuxeron a súa lei, e acabaron levando o triunfo. Iso si, o tanto que abría a conta non chegou ata o minuto 59. Marcouno Pajor. Unha vantaxe que ampliou Brugts no minuto 71. Xa co partido decantado, a propia Pajor establecía o 0-3 definitivo que non empana un bo comezo de temporada das coruñesas.
Na súa volta á primeira categoría do fútbol sala feminino, o Deportivo Abanca enfróntase co Atlético de Madrid na segunda xornada, nun partido que poderemos ver na G2 e en Agalega .gal o domingo vindeiro, a partir das 16:00 h.