O Deportivo Abanca conta as horas para o regreso ante o rival máis esixente
O Deportivo Abanca conta as horas para o regreso ante o rival máis esixente
O sábado recibirán o poderoso Barcelona en Riazor na volta á Primeira División do fútbol feminino
O Deportivo Abanca debuta este domingo en liga no seu regreso á elite do fútbol feminino. Farao en Riazor, fronte ao todopoderoso Barcelona. O seu último ano fala ás claras do potencial do adversario no regreso: campioas de Liga, Copa, Supercopa e Champions.
Coincidindo co primeiro partido da nova temporada na máxima categoría, o Deportivo Abanca foi homenaxeado cun particular futbolín. O primeiro con figuras femininas personalizadas que representan xogadoras reais do Deportivo Abanca, como Lucía Rivas ou Yohana Gómez.
Unha das protagonistas do partido será Bárbara Latorre. É unha das grandes fichaxes deste ano no Deportivo Abanca e ten pasado no Fútbol Club Barcelona.