O Deportivo Abanca desperdicia unha grande ocasión para culminar o ascenso
O Deportivo Abanca desperdicia unha grande ocasión para culminar o ascenso
Empatou en Riazor co Europa (1-1) e non puido ampliar ata os seis puntos a vantaxe sobre o Español
O Deportivo Abanca perdeu unha grande oportunidade para ampliar ata os seis puntos a vantaxe swobre o Español e deixar o ascenso á máxima categoría case sentenciado. A tres partidos para o final do campionato, as de Irene Ferreras teñen catro puntos de marxe.
O Europa ocupa postos de descenso e dedicouse a defender o empate sen goles. Tardou máis dunha hora o Deportivo feminino en abrir o marcador, pero co gol de Ainhoa Marín (minuto 67) parecía que o triunfo estaba na man.
O equipo de Irene Ferreras estragou opcións claras para aumentar a vantaxe e, igual que lle pasara hai dúas xornadas co Osasuna, concedeu unha oportunidade no 84 que non desaproveitou o Europa para poñer o empate definitivo.