Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca supera o Spórting na Copa da Raíña (0-6)

O Deportivo Abanca supera o Spórting na Copa da Raíña (0-6)

Carlota e Ana de Teresa marcaron cadanseu dobrete

G24.gal 01/10/2024 20:37

Na Copa da Raíña o Deportivo Abanca non sufriu para superar a segunda rolda. Na primeira agardou ata o engadido para superar o Vilalonga, pero nesta segunda gañoulle ao Spórting de Xixón cun contundente 0-6. 

A eliminatoria mantivo a emoción ata o minuto 42 da primeira metade cando Altuve adiantou o cadro coruñés. Ao pouco de comezar a segunda parte Carlota marcou o segundo e aí rematou a enerxía do conxunto asturiano. 

Outra vez Carlota repetiu para marcar o terceiro e nun espazo de cinco minutos (entre o 62 e o 67) Ana de Teresa marcou outros dous tantos. Xa no 87 Millene anotou o definitivo 0-6 nunha vitoria moi cómoda das de Irene Ferreras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar