Irene Ferreras: "As rapazas están como avións, queren ser líderes"
O Deportivo Abanca, único equipo que depende de si mesmo para ascender
Oito xornadas para o final na Primeira feminina. O Deportivo é segundo. Posición de ascenso directo. Chega a Abegondo o primeiro, o filial do Barcelona, que non pode subir, pero si actuar de xuíz porque detrás ten cinco equipos metidos en tres puntos. Só o Deportivo depende de si.
"Está da nosa man. Quedan oito finais"
Así e todo, Henar prevé sorpesas, dada a extrema igualdade. Nas últimas xornadas os de arriba tiveron máis dun revés.
Adestradora Irene Ferreras cre que as xogadoras están capacitadas:
"As rapazas están como avións, queren ser líderes e afianzalo nos seguintes partidos"
Teñen que evitar erros nun calendario que ao Deportivo só lle depara un enfrontamento máis co resto de aspirantes