Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo comezou a preparar a visita do Zamora a Riazor

O Deportivo comezou a preparar a visita do Zamora a Riazor

Pablo Trigueros, traballou á marxe do grupo

G24.gal 26/10/2021 14:00

O Deportivo comezou esta mañá a preparar a visita do Zamora a Riazor deste sábado 30 de outubro ás 17:00 horas con só un xogador, Pablo Trigueros, á marxe do grupo.

Alberto Benito, que estivo uns días con adestramento específico por unhas molestias na zona inguinal esquerda, incorporouse hoxe ao traballo co resto dos seus compañeiros. O lateral branco e azul completou a xornada con normalidade.

A mañá arrancou na sala de vídeo, con repaso a algunhas das accións da pasada fin de semana en Santander, xa de cara ao partido ante o Zamora  desta fin de semana.

A continuación, xa sobre o céspede, Borja Jiménez dispuxo, após un quecemento e uns rondos, unha tarefa de posesión, un exercicio de fútbol con porterías pequenas e acto seguido, pero só para os que non foron titulares en El Sardinero, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade