Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo continúa coas renovacións e amplía o contrato de Jaime Sánchez

O Deportivo continúa coas renovacións e amplía o contrato de Jaime Sánchez

O central andaluz non foi dos habituais a temporada pasada, pero demostrou a súa versatilidade actuando en múltiples posicións

G24.gal 18/06/2024 20:46

Igual que aconteceu con Ximo Navarro, o Deportivo renovou o contrato de Jaime Sánchez, que continuará como un dos veteranos do vestiario deportivista. Jaime xogará a cuarta temporada coa camisola coruñesa. 

O andaluz non foi titular a campaña anterior pero demostrou unha gran versatilidade e adaptouse a numerosas posicións tanto na defensa como no centro do campo. Os dous Pablos pecháronlle o posto de titular no centro da defensa. Iso fixo que Jaime fose empregado como lateral nas dúas bandas e incluso como centrocampista defensivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar