Cargando resultados...
O Deportivo e o Lugo reforzan a portería
O Deportivo e o Lugo reforzan a portería
O Deportivo ficha a Germán Parreño, exporteiro do Ibiza
O Lugo asina o prometedor porteiro luso Gonçalo Tabuaço
G24.gal
01/07/2023 21:13
O Deportivo anunciou a súa segunda fichaxe, logo da de Paris Adot. Trátase do gardameta Germán Parreño. Ten trinta anos e chega procedente do Ibiza, onte estivo as últimas catro temporadas. Canteirán do Elxe, chegou a debutar en primeira co Español na temporada 2013-2014. Ian Mackay xa ten competencia.
Mentres, o Lugo anunciou a fichaxe do porteiro portugués Gonçalo Tabuaço, quen asinará contrato por dúas temporadas máis outra opcional. Internacional sub-21, Tabuaço formouse na canteira do Porto. Chega a Lugo procedente do Belenenses, onde o ano pasado curso disputou 35 partidos entre liga e copa.