Cargando resultados...
O Deportivo estima unhas perdas superiores aos 4 millóns para a temporada
O Deportivo estima unhas perdas superiores aos 4 millóns para a temporada
Os ingresos estarán preto dos 8 millóns, pero os gastos dispáranse por riba dos 12 millóns
G24.gal
22/12/2022 20:42
Non hai actividade sobre o campo no Deportivo, pero si moita nos despachos. Celebrouse a xunta xeral de accionistas anual en que se debullaron as cifras de negocio.
O club coruñés prevé uns ingresos para esta temporada de preto de 8 millóns de euros e uns gastos que acadan os 12 millóns polo que se estiman unhas perdas de máis de 4 millóns. Tamén se fai efectiva a incorporación de Miguel Juane ao consello, órgano onde xa exercía como secretario anteriormente.