Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Fabril imponse á U. D. Llanera (2-1)

O Deportivo Fabril imponse á U. D. Llanera (2-1)

Un dobrete do xuvenil Adri Guerrero decidiu o partido a prol dos deportivistas

O conxunto da Coruña queda a só un punto dos postos de fase de ascenso

G24.gal 30/11/2024 17:34

O Deportivo Fabril conseguiu vencer a U. D. Llanera nun partido moi complicado para os coruñeses. Na primeira metade, ambos equipo gozaron de boas ocasións para marchar por diante ao descanso. O que golpearía primeiro sería o Fabril nunha boa combinación colectiva que Adri Guerrero culminaría cun remate moi potente. O empate para a U. D. Llanera chegaría nunha xogada desafortunada para Iker Vidal, que anotaría en propia porta ao tratar de despexar.

A segunda parte non tivo o movemento que tivo a primeira, na que os dous equipos mostraran perigo, pero si houbo aproximacións de ambos. O partido decidiríao o xuvenil Adri Guerrero, que marcou o seu dobrete persoal de penalti e deulle os tres puntos ao Fabril. Con este resultado, os coruñeses póñense a tan só un punto dos postos de fase de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade