Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo e Rubén de la Barrera, preto de pechar o contrato

O Deportivo e Rubén de la Barrera, preto de pechar o contrato

Será a segunda etapa do técnico coruñés no banco branquiazul

G24.gal 15/05/2023 18:38 Última actualización 16/05/2023 14:09

Rubén da Barrera vai  sentar no banco de Riazor. Quedan dúas xornadas para o final da fase regular e o Dépor é cuarto, a seis puntos do novo líder, o Racing de Ferrol. O cadro herculino porá en xogo o seu regreso ao fútbol profesional no play-off. Antes, recibirá o Alxerciras e viaxará a Pontevedra.

O acordo é inminente. Sería a segunda etapa do técnico coruñés no Dépor. A pasada campaña, o destino deparou que fose o adestrador do Albacete no partido decisivo para subir á Segunda División. O cadro manchego remontou, venceu 1-2, e volveu ao fútbol profesional. Con todo, De la Barrera decidiu non seguir no Carlos Belmonte.

A principios de agosto conversamos co técnico coruñés sobre un posible regreso ao Deportivo:

" (Para volver) Teñen que darse circunstancias que permitan ese achegamento. Veremos se ocorre a medio ou longo prazo"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade