Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo-Rácing de Santander, declarado de alto risco

O Deportivo-Rácing de Santander, declarado de alto risco

A catalogación de alto risco do encontro é posterior á proposta da Policía Nacional de impoñer multas que suman 30.000 euros aos ultras responsables dos altercados que se produciron antes do partido entre Deportivo e Málaga

G24.gal 22/10/2024 13:41 Última actualización 22/10/2024 13:48

A Comisión Antiviolencia acordou declarar partido de alto risco o encontro Deportivo da Coruña-Racing de Santander, correspondente á xornada 12 de LaLiga Hypermotion, que se xogará o vindeiro domingo 27 ás 16:15 horas no estadio de Riazor.

A catalogación de alto risco do encontro é posterior á proposta da Policía Nacional, anunciada onte, de impoñer multas que suman 30.000 euros aos ultras responsables dos altercados que se produciron antes do partido entre Deportivo e Málaga, o pasado día 6.

Segundo o 091, hai dúas persoas detidas e 14 identificados como responsables dos altercados, nos que afeccionados ultras do Deportivo enfrontáronse a axentes de policía e preto dun centenar de ultras do Málaga provocasen importantes danos nun bar situado nas inmediacións do estadio deportivista, así como en mobiliario e vehículos estacionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade