O Deportivo xuvenil partiu coa ilusión de lograr a Copa en León
Manuel Pablo: "Desde a Copa de Campións, os rapaces crense que poden competir cos mellores"
O Deportivo Xuvenil A partiu en autocar a León hoxe martes ás 11:30 e adestrarase pola tarde xa en terras leonesas na última sesión previa ao encontro do mércores.
Manuel Pablo citou onte á tarde despois de adestrar en Abegondo a 22 futbolistas para o partido de semifinais da Copa do Rei xuvenil ante a U. D. Almería do mércores 8 de marzo ás 20:00 horas no Estadio Reino de León.
Manuel Pablo: "Desde a Copa de Campións, os rapaces crense que poden competir cos mellores".
Ás 16:30 xogarase a outra semifinal que enfronta o Athletic Club e o Real Madrid C. F.
Dos catro sobreviventes copeiros, tres son clubs da máxima categoría do fútbol español.
Os vencedores dos dous partidos xogarán a gran final o sábado 11 de marzo ás 16:30 no mesmo escenario, o Estadio Reino de León.
A anterior e única semifinal de Copa para o Dépor foi na campaña 2010-11, despois de apear á Real Sociedad en oitavos e ao Real Madrid en cuartos. Naquela ocasión, o Xuvenil A foi eliminado polo F. C. Barcelona.