Publicador de contidos
Publicador de contidos

O día máis caloroso de todo o ano en Galicia sobe aos 42 graos en Ourense

O día máis caloroso de todo o ano en Galicia sobe aos 42 graos en Ourense

Houbo aviso laranxa en varias zonas de Ourense e tamén na bacía do Miño en Pontevedra

Onde estiveron máis frescos foi na provincia da Coruña, con 24 graos, e na Costa da Morte, onde non pasaron dos 21 graos en moitos lugares
      

G24.gal 23/07/2024 22:06 Última actualización 23/07/2024 22:22

Galicia... sitio distinto. Hai una semana tivemos que sacar o abrigo do armario, pero este martes abafamos de calor na maior parte do país. En Ourense hai varios puntos con aviso laranxa: a zona da bacía do Miño, a comarca de Valdeorras e o sur da provincia. Tamén hai aviso laranxa na bacía do Miño na provincia de Pontevedra. 

Foi o día de máis calor deste ano, chegou case aos 42 graos en varios puntos de Ourense e aos 40 na provincia de Pontevedra. Os expertos seguen insistindo coas recomendacións básicas para facer fronte á vaga de calor.

O aviso amarelo estendeuse ao litoral de Pontevedra e ao sur de Lugo. Onde estiveron máis frescos foi na provincia da Coruña, con 24 graos, e na Costa da Morte, onde non pasaron dos 21 en moitos lugares. Este mércores comezarán a descender, pero moi lixeiramente, as temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade