Publicador de contidos
Publicador de contidos

Previr o cancro de próstata: "É importantísimo acudir a partir dos 50 ao médico de cabeceira ou ao urólogo"

Previr o cancro de próstata: "É importantísimo acudir a partir dos 50 ao médico de cabeceira ou ao urólogo"

O día mundial dedicado a esta doenza busca concienciar da importancia do diagnóstico precoz

G24.gal 11/06/2024 14:15

Este martes celébrase o Día Mundial do Cancro de Próstata, unha data que busca concienciar os maiores de 50 anos da importancia do diagnóstico precoz.

Este cancro non presenta síntomas en estadios temperáns, por iso son fundamentais os controis. Poden axudar a determinar o risco que ten o paciente e individualizar o seguimento, en función de antecedentes familiares ou mutacións.

O cancro de próstata é o máis prevalente en homes e o terceiro máis mortal. En Galicia, o ano pasado diagnosticáronse preto de 2.400 casos novos.

Daniel Pérez Fentes é urólogo no CHUS e coordinador nacional do Grupo Uroncolóxico da Sociedade Española de Uroloxía. Incide en que "cando o cancro de próstata se diagnostica na fase localizada, que é no 90 % dos casos, podemos dar moitas alternativas de tratamento con intención curativa e a supervivencia é moi alta".

"De feito, -asegura- eses pacientes morrerán dunha causa distinta ao cancro de próstata grazas a ese diagnóstico precoz. É importantísimo acudir a partir dos 50 anos ao médico de cabeceira ou ao urólogo e facer unha análise do marcador específico da próstata, o PSA".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade