Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dianteiro asturiano Davo renova co Deportivo ata o 2026

O dianteiro asturiano Davo renova co Deportivo ata o 2026

Marcou oito goles a pasada temporada, tres deles decisivos contra o Barcelona e Arenteiro na época máis complicada de Idiakez

G24.gal 19/06/2024 19:20

Foi un dos xogadores máis criticados pola afección, pero tamén o salvador de Idiakez. Cando o adestrador tiña a maleta feita, co equipo no medio da clasificación, marcou os goles decisivos ante o Barcelona Atlètic e o Arenteiro que permitiron a continuidade do adestrador e ao seu equipo sumar seis puntos que propiciaron a remonta a partir do mes de xaneiro. 

Viña precedido dunha boa traxectoria con ascenso a Segunda A no Ibiza e experiencia no fútbol belga, pero Davo tardou en amosar o seu mellor fútbol. Xogou case todos os partidos como titular na primeira volta pero na segunda perdeu protagonismo pola irrupción de David Mella. 

Davo soubo manterse nun segundo plano e achegar desde o banco. Os seus números (oito goles en 37 partidos, 23 como titular) poden considerarse como bos. Por detrás de Lucas Pérez e Iván Barbero, foi o terceiro máximo goleador do equipo e agora o club reforza a súa confianza nel con dous anos máis de contrato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade