O director deportivo do Dépor nega que exista calquera polémica na saída de Soriano
O director deportivo do Dépor nega que exista calquera polémica na saída de Soriano
Avanzou tamén a "inminente" fichaxe de Trilli polo Barcelona
Fernando Soriano aproveitou a presentación de Paris Adot para repasar os nomes propios do mercado do Deportivo, centrándose na saída de Mario Soriano e o duro comunicado do club branquiazul. Tamén falou de Trilli e do que falta no mercado.
Con respecto a Mario Soriano:
"Propuxemos melloras e chegamos a onde chegamos. O rapaz decidiu outra cousa e pola miña banda, polémica cero".
"É un xogador querido, pero queremos deixar ben claro que o club fixo o posible e máis para que continuase".
Tamén foi claro sobre a marcha de Trilli:
"É inminente a súa saída. Tiña permiso para non vir porque a cousa estaba bastante avanzada".
"Tiña a ilusión de que seguise, pero cando se cruza un club como este… Decide ir ao Barcelona e toda a sorte do mundo".
O Deportivo realizou esta mañá a súa primeira sesión de adestramento da pretemporada.