Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dispositivo da Xunta permitiu retirar 3.450 quilos de granulado plástico

O dispositivo da Xunta permitiu retirar 3.450 quilos de granulado plástico

Desde o 10 de xaneiro tamén se recolleron no litoral máis de 9.600 quilos doutros plásticos 

Segundo informa o Goberno galego, preto de 400 efectivos actúan este sábado en 43 praias de 23 concellos

O Goberno central achega ao operativo un avión e un helicóptero

 

 

Traballos de limpeza este sábado na praia da Lanzada
G24.gal 20/01/2024 12:14 Última actualización 20/01/2024 13:45

O dispositivo despregado pola Xunta nas praias e no mar para a recollida dos pellets, perdidos polo mercante Toconao en augas portuguesas, permitiu recuperar ata o momento máis de 3.450 quilos deste material, o equivalente a 138 sacos. 

Ademais, segundo informa o Goberno galego nun comunicado, desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais máis de 9.600 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.

O persoal mobilizado este venres sacou das praias arredor de 138 quilos de granulado plástico, o equivalente a algo máis de 5 sacos, e 700 quilos doutros residuos presentes na costa que pode depositarse no contedor amarelo.

Voluntariado na praia da Frouxeira, en Valdoviño. EFE/Kiko Delgado Voluntariado na praia da Frouxeira, en Valdoviño. EFE/Kiko Delgado

Operativo deste sábado

O operativo de vixilancia, detección e limpeza, por terra e mar, está integrado este sábado por preto de 400 efectivos repartidos por 43 praias pertencentes a 23 concellos.

Por mar, o Servizo de Gardacostas continúa facendo un seguimento da situación mantendo activos os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, catro embarcacións de gran porte (Sebastián de Ocampo, Irmáns García Nodal, Ría de Vigo e Mar de Galicia) e dúas patrulleiras de menores dimensións.

A maiores, o Goberno central achega ao operativo un avión e un helicóptero, apunta a Xunta.

Utensilios de limpeza na praia da Madorra, en Nigrán. EFE/Salvador Sas Utensilios de limpeza na praia da Madorra, en Nigrán. EFE/Salvador Sas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade