Publicador de contidos

Publicador de contidos

O DNI animal será obrigatorio a partir de 2022 para cans e gatos

O DNI animal será obrigatorio a partir de 2022 para cans e gatos

É unha das medidas estrela da nova Lei de protección e dereitos dos animais

O documento, de carácter obrigatorio, recollerá información de contacto así como historial de vacinas e tratamentos 

G24.gal 09/12/2021 21:04

Vanse coñecendo máis detalles da nova Lei de protección animal. Con ela prevese vetar a venda de mascotas en tendas, os circos con animais ou, entre outras medidas, a obrigatoriedade de realizar un curso formativo para ter cans.  

Outra medida recolle que o único que a partir de agora poderá decidir a conveniencia ou non de sacrificar un animal será o veterinario.

Unha das medidas estrela do borrador é a a do DNI animal, un documento obrigatorio para cans e gatos, que vén complementar o microchip e que recollerá máis datos de contacto e o historial das vacinas e dos tratamentos do animal. Información intercambiable entre as comunidades autónomas. 

Á espera de saber se o DNI será físico ou dixital ou como hai que adquirilo, o obxectivo do documento é ter unha base de datos nacional á que terán acceso as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade