Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino afronta con optimismo a Eurocup coa fichaxe de Ferrari

O Ensino afronta con optimismo a Eurocup coa fichaxe de Ferrari

G24.gal 27/10/2021 12:13

O Ensino afronta o partido da terceira xornada da Eurocup moi minguado de xogadoras, pero aliviado coa incorporación da veterana Ferrari. A ex do Tenerife debutará o xoves diante de Valencia, un dos equipos máis poderosos da competición e que gañou nas dúas primeiras xornadas do torneo continental. 

O Ensino chega ao partido logo de sumar unha vitoria e unha derrota, a da semana pasada en Lugo diante do Kangoeroes, un partido no que só puido contar con seis xogadoras do primeiro equipo e que perdeu na segunda metade polo cansazo acumulado. 

Valencia chega nun gran momento coa galega Raquel Carrera como un dos referentes na pintura. Na competición europea está promediando 11 puntos por partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade