Cargando resultados...
O equipo Israel de Chris Froome correrá o Gran Camiño
A provincia de Pontevedra será o quilómetro 0
G24.gal
23/11/2021 15:04
Así o anunciou esta mañá a organización da carreira na posta en escena do quilómetro cero, que será a provincia de Pontevedra. Unha etapa que contará co consello ciclista de Álvaro Pino, Marcos Serrano e Óscar Pereiro. Percorrido por determinar.
Ademais, xunto ás autoridades provinciais estiveron Delio Fernández, Álex Marque e Samuel Blanco, tres profesionais de Pontevedra que correrán o Gran Camiño. Marque e Blanco co Tavira portugués, o moañés Delio Fernández está a punto de confirmar con que escuadra pedaleará a próxima campaña.