Publicador de contidos
Publicador de contidos

O estudo Sensoxenoma, dos doutores Martinón e Salas, demostra a pegada da música nos xenes

O estudo Sensoxenoma, dos doutores Martinón e Salas, demostra a pegada da música nos xenes

Búscase mecenas para unha investigación que podería reenfocar a medicina cara ao uso de terapias non invasivas

G24.gal 19/09/2023 15:08

Os días 29 e 30 volve haber concerto de Sensoxenoma no Auditorio, con toma de mostras de ADN antes e despois do recital, e aberto a novas doenzas, por exemplo a síndrome de Asperger. 

Un ano despois do primeiro experimento, e tras a análise de 35.000 mostras, chegan as primeiras conclusións: obsérvase ben o desprazamento dos xenes e a diferenza entre os pacientes con alzhéimer e as persoas sas, en que o impacto do recital é menor.

Para o equipo, liderado por Salas e Martinón, o máis rechamante foi observar como a música impactou en rutas moleculares propias do alzhéimer.

"Xenes que están relacionados coa beta amiloide, que son placas que se forman no cerebro de pacientes con enfermidades dexenerativas. Altéranse procesos como a autofaxia, que é un proceso biolóxico que o que fai é limpar", explicou Antonio Salas Investigador principal de Sensoxenoma 

 "A sobreexpresión ou represión que a música xera nos xenes, é dicir, que estimula ou inhibe unhas vías, faino na dirección contraria da enfermidade. A partir de aí podemos especular que iso vai ter un efecto terapéutico, e buscar dianas moleculares específicas para o tratamento; e tamén saber como modular desde o punto de vista do estímulo musical eses beneficios potenciais.", engadiu Federico Martinón, investigador principal de Sensoxenoma.
 

Dar coa tecla xenética sobre a que actuar para, por exemplo, obter un diagnóstico precoz de enfermidades neurodexenerativas, ou dirixir tratamentos, son posibles utilidades a futuro deste estudo que busca mecenado. "Para a investigación fan falla ideas, e nós témolas, pero tamén recursos que nos van permitir ir a máis velocidade", remacharon.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade