Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Exército súmase ao golpe de Estado en Nixeria

O Exército súmase ao golpe de Estado en Nixeria

Di que o fai para "evitar un baño de sangue" entre a poboación

G24.gal 27/07/2023 17:30 Última actualización 27/07/2023 20:58

A Comandancia militar das Forzas Armadas Nixerianas, que reúne os diferentes corpos militares do país, anunciou este xoves a súa adhesión á xunta militar que encabezou este mércores un golpe de estado contra o presidente, Mohamed Bazoum, para evitar "un baño de sangue".

Nun comunicado asinado polo xeneral de división Abdou Sidikou Issa, o Exército explicou que a súa decisión se debe ao "afán de preservar a integridade física do presidente da República e da súa familia, e evitar unha confrontación mortal entre as diferentes forzas que (...) podería provocar un baño de sangue e comprometer a seguridade da poboación".

Un grupo de militar das Forzas de Defensa e de Seguridade, organizados nunha plataforma autodenominada Consello Nacional para a Salvaguarda da Patria, anunciou este mércores na televisión gobernamental a destitución de Bazoum, a suspensión das institucións, o peche das fronteiras e un toque de queda nocturno ata nova orde.

A Comunidade Económica de Estados de África Occidental envía un mediador

O presidente de Benín, Patrice Talon, foi  este mércores a Níxer como mediador da Comunidade Económica de Estados de África Occidental (Cedeao),confirmou o presidente de quenda do bloque rexional e xefe de Estado de Nixeria, Bóla Tinubu.

"A situación é o suficientemente grave para que (...) non a tomemos a treo e actuemos con rapidez", sinalou, polo seu lado, o mandatario beninés, tras reunirse co seu homólogo nixeriano na sede da presidencia dese país.

"Todos os medios que sexan necesarios serán usados para restablecer a orde constitucional en Níxer, pero o ideal sería que todo ocorrese en paz e harmonía", destacou Talon, sen dar máis detalles.

"As accións de mediación reforzaranse para que esta situación se poida resolver en paz, entre irmáns (...) Esta é a nosa primeira opción e cremos que vai ser un éxito", engadiu.

A Ceadeo mostrou este mércores nun comunicado o seu "asombro e consternación" fronte a "este intento de tomar o poder pola forza" e condenou os feitos "nos termos máis enérxicos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos