Publicador de contidos
Publicador de contidos

Más de 280 estudantes de primaria, secuestrados por individuos armados en Nixeria

Más de 280 estudantes de primaria, secuestrados por individuos armados en Nixeria

Este tipo de accións contra a comunidade educativa repítense a pesar das repetidas promesas de terminar coa violencia por parte do Goberno nixeriano, que reforzou a despregadura das forzas de seguridade

G24.gal 08/03/2024 12:12

Más de 280 alumnos foron secuestrados este xoves tras un ataque de individuos armados contra un colexio no centro-norte de Nixeria, nunha localidade do estado de Kaduna.

O asalto produciuse á primeira hora da mañá do xoves na escola de primaria da Autoridade Educativa Local en Kuriga, cando varias ducias de atacantes rodearon a un grupo de estudantes e profesores e empurráronos ao bosque, onde algúns lograron fuxir.

O secuestro espertou unha onda de reaccións, como a da organización Amnistía Internacional (AI), que pediu que as autoridades nixerianas "rescaten de maneira segura aos estudantes e fagan que os presuntos perpetradores rendan contas".

Algúns estados de Nixeria sofren ataques incesantes por parte de "bandidos", termo usado no país para nomear ás bandas criminais que cometen asaltos e secuestros masivos para pedir cuantiosos rescates.

Os ataques repítense a pesar das repetidas promesas de terminar coa violencia por parte do Goberno nixeriano, que reforzou o despregamento das forzas de seguridade.

A esta inseguridade súmase a ocasionada desde 2009 pola actividade do grupo xihadista Boko Haram no nordés do país e, a partir de 2016, tamén da súa escisión, o Estado Islámico na Provincia de África Occidental (ISWAP, polas súas siglas en inglés). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade