Cargando resultados...
Polo menos un detido en relación cun suposto secuestro na zona de Vigo
A Garda Civil realizou rexistros en Vigo e Cangas do Morrazo nun operativo coordinado polo xulgado de instrución número 2 da cidade olívica
A investigación está baixo segredo do sumario

G24.gal
06/03/2025 13:06
Axentes da Garda Civil detiveron unha persoa nun operativo desenvolvido nas últimas horas por un suposto delito de detención ilegal. As forzas de seguridade fixeron varios rexistros en domicilios de Vigo e Cangas do Morrazo.
O operativo está coordinado polo xulgado de instrución 2 de Vigo.
Segundo confirmaron fontes coñecedoras da actuación, a investigación atópase baixo segredo do sumario.