En liberdade o condenado por intentar secuestrar unha menor en Arzúa
Chegou a un acordo coa Fiscalía para rebaixar a petición de anos de pena de cárcere de 7 a 3
Non abandonará España pese a ser estranxeiro e someterase a tratamento psiquiátrico
A Fiscalía aceptou este martes na Audiencia da Coruña rebaixar a pena do home que intentara secuestrar unha menor e unha muller en Arzúa. O acusado pactou dúas condenas baixas e saíu en liberdade tras o acordo acadado e coa condición de someterse a tratamento psiquiátrico durante 4 anos.
A instancia rematou coa lectura da sentenza condenatoria pero a posta en liberdade do acusado, que non terá que volver ao cárcere máis que para recoller as súas pertenzas. Os feitos remóntanse a xuño do ano pasado, cando o acusado intentou secuestrar primeiro unha nena de 12 anos, que tivo que refuxiarse nun bar, e despois outra muller en Arzúa.
A Fiscalía pedía 7 anos de cadea para este home e que se debatera a súa posible expulsión do país, xa que se trata dun estranxeiro que, aínda que está legalmente en España e ten arraigamento aquí, podía ser susceptible desa decisión. Finalmente o home aceptou dúas condenas por detención ilegal de ano e dez meses e de ano e seis meses máis o pago total de 5.000 euros ás dúas vítimas como rehabilitación do dano.
Con isto non volverá ao cárcere coa condición de tratarse tamén dos seus, manifestos para as partes, problemas psiquiatricos nun centro especializado.
Tras o recoñecemento dos feitos, e constatado o resarcimento económico, a xuíza ditou sentenza de xeito oral e firme e confirmou tamén a decisión de non pedir a súa expulsión do país.