Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exprimeiro ministro Borisov gaña as eleccións en Bulgaria

O exprimeiro ministro Borisov gaña as eleccións en Bulgaria

O conservador Boiko Borisov obtivo un 26,7 % dos votos, diante do reformista bloque PP-BD, cun 24,7 %

O terceiro partido máis votado foi contra todo prognóstico o ultranacionalista Vazrazhdane (Resurrección), co 14,6 %

G24.gal 03/04/2023 07:47

O partido populista conservador GERB, do exprimeiro ministro Boiko Borisov, gañou as eleccións xerais de Bulgaria deste domingo, as quintas en dous anos, cun 26,7 % dos votos, diante do reformista bloque PP-BD, cun 24,7 %.

Segundo o 80 % do escrutinio completado, o terceiro partido máis votado foi contra todo prognóstico o ultranacionalista Vazrazhdane (Resurrección), co 14,6 %, diante do movemento de Dereitos e Liberdades DPS, co 12,7 %.

Detrás destas forzas entraron no Parlamento de 240 escanos os socialistas (excomunistas) do BSP, co 9 %, e de forma sorpresiva tamén os populistas do ITN, co 4,2 % dos votos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade