Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 12.500 persoas optan a unha das 8.550 prazas de MIR convocadas

Máis de 12.500 persoas optan a unha das 8.550 prazas de MIR convocadas

En Galicia, os exames fanse en Santiago de Compostela e Vigo

Para toda a comunidade, convocáronse un total de 620 prazas

Comesaña lamenta que o Goberno non atendese a demanda da Xunta

Chamamento nunha convocatoria anterior
G24.gal 21/01/2023 08:31 Última actualización 21/01/2023 16:25

Case 28.000 persoas están chamadas a examinarse este sábado para acceder a unha das 11.171 prazas de Formación Sanitaria Especializada (FSE). Un total de 12.668 profesionais en medicina optan a 8.550 prazas de MIR.

Segundo o Ministerio de Sanidade, a convocatoria bate marcas e convértese na maior oferta aprobada, cun 5 % máis de postos ca no 2022 e un 39 % de incremento respecto a hai cinco anos.

A Central Sindical Independente de Funcionarios (CSIF) denuncia o déficit da oferta e lembra que deixará fóra 4.000 profesionais en medicina e 6.000 en enfermería.

A Confederación Sindical de Sindicatos Médicos (CESM) lamenta o "abandono" que sofre todo o relacionado coa formación especializada e que Sanidade ignore reiteradamente as súas peticións.

Sedes e horarios

As probas realízanse dende as 16:00 horas, de xeito simultáneo, en 28 localidades de todas as comunidades e nas dúas cidades autónomas. En Galicia, os exames fanse en Santiago e Vigo. Para toda a comunidade, convocáronse 620 prazas, 77 máis ca o pasado ano.

Ademais das prazas de medicina, convócanse 1.961 para enfermería (preséntanse 7.889 persoas); 308 para farmacia (1.599 aspirantes); 231 para psicoloxía (4.079 demandantes); 60 para bioloxía (1.070); 42 para física (265) e 19 para química (226). 

En concreto, concorren aos exames 27.796 persoas e quedaron fóra 1.099 que solicitaron inscrición.

Atención primaria

O Ministerio de Sanidade salienta o reforzo da atención primaria, ao contar este ano con 2.455 prazas de medicina familiar e comunitaria, pero o sindicato CSIF lembra que son só 119 prazas máis ca o ano pasado, malia a situación crítica que vive este primeiro nivel asistencial, con folgas convocadas en varias autonomías.

A cota estranxeira nestes exames é do 1 % nas titulacións de Farmacia e Enfermería e do 6 % en Medicina, ampliable ao 10 % no caso de que haxa prazas vacantes. Mantense a reserva do 7 % de prazas para persoas con discapacidade superior ao 33 %, que nesta convocatoria suman 782 prazas.

Demanda do Goberno galego

O conselleiro de sanidade desexoulle sorte ás persoas aspirantes en Galicia que, segundo dixo, adoitan acadar moi boas posicións neste exame de acceso á especialidade.

Julio García Comesaña tamén lamentou que o goberno español non ampliase as prazas polo menos nun milleiro, tal e como pedía o Goberno galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade