Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exministro Eduardo Zaplana, condenado a 10 anos e 5 meses de prisión

O exministro Eduardo Zaplana, condenado a 10 anos e 5 meses de prisión

A Sala considérao autor dos delitos de prevaricación, suborno, falsidade e branqueo de capitais e imponlle 17 anos e 10 meses de inhabilitación para emprego e cargo público, tres para o exercicio da súa profesión e multas superiores aos 25 millóns de euros

O Tribunal absolve o expresidente da Generalitat do delito de grupo criminal, pero decreta o comiso de diferentes bens e contías intervidas durante a instrución da causa

Eduardo Zaplana nunha foto de arquivo (Euroapress) Eduardo Zaplana nunha foto de arquivo (Euroapress)
G24.gal 15/10/2024 11:52 Última actualización 15/10/2024 16:20

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Valencia condenou a penas que suman dez anos e cinco meses de prisión o exministro e expresidente da Generalitat Valenciana Eduardo Zaplana polo caso Erial, un proceso en que se xulgou a cobranza de comisións derivadas das concesións das ITV e o plan eólico valenciano.

A Sala considérao autor dos delitos de prevaricación, suborno, falsidade e branqueo de capitais e imponlle 17 anos e 10 meses de inhabilitación para emprego e cargo público, outros tres para o exercicio da súa profesión e multas por un importe superior aos 25 millóns de euros, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana.

Con todo, o Tribunal absolve o expresidente da Generlaitat do delito de grupo criminal pero decreta o comiso de diferentes bens e contías intervidas durante a instrución da causa.

A Sala tamén condenou a outros seis acusados a penas que oscilan entre un ano e tres meses e sete anos e medio de prisión por prevaricación, suborno, falsidade e branqueo de capitais. Trátase dos empresarios Vicente e José Cotino e Francisco Pérez López; o avogado e asesor fiscal Francisco Grau; o exxefe de gabinete do expresident, Juan Francisco García, e o amigo de Zaplana que actuou como o seu home de palla, Joaquín Barceló.

Os oito acusados restantes foron absoltos despois de que a Fiscalía retirase a acusación para tres deles ou por non apreciar probas que sustenten unha condena. Entre eles figura o tamén expresidente da  Generalitat José Luis Olivas. A sentenza, que consta de 364 páxinas, non é firme e pode ser recorrida en casación ante o Tribunal Supremo.

O PP di que se alguén cometeu un delito, está ben que rinda contas

A dirección nacional do PP expresou o seu respecto cara á sentenza xudicial que condena o exministro e expresidente da Generalitat Valenciana Eduardo Zaplana a dez anos de cárcere por suborno, branqueo de capitais, malversación e prevaricación.

"Fronte á actitude que toman outros, o PP sempre respectou as decisións xudiciais", afirmou en rolda de prensa este martes a vicesecretaria de Igualdade, Conciliación e Política Social do PP, Ana Alós.

E defendeu que o seu partido actuou e actuará de forma "implacable" contra a corrupción e que por tanto "se alguén cometeu un delito" parécelles "ben que renda contas ante a Xustiza".

"Imaxinamos que ao Goberno e ao PSOE interésalles máis falar dunha sentenza dunha corrupción, dun caso, de hai 20 anos que do que está a ocorrer nestes últimos 5 anos que lle afecta a eles", agregou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade