Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril bota a perder o encontro nos primeiros dez minutos

O Fabril bota a perder o encontro nos primeiros dez minutos

O equipo de Gilsanz saíu durmido e Óscar Fernández aproveitou para marcar os dous goles ao comezo do encontro

G24.gal 13/10/2024 20:49

O Fabril perdeu por 2-0 no campo de Miramar, onde xoga como local o Marino de Luanco. A entrada do partido foi moi mala do cadro coruñés que cando quixo decatarse xa estaba dous goles por debaixo no marcador, os dous marcados por Óscar Fernández.

O primeiro tempo foi de dominio total do cadro asturiano, que mesmo puido marchar cunha vantaxe meirande. Reaccionou o Fabril no segundo tempo pero non conseguiu meterlle o medo no corpo ao cadro local. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade