O Fabril cae pola mínima na súa visita a Guijuelo (1-0)

Un gol en propia de Brais Val desequilibrou un partido igualado

G24.gal 02/12/2023 19:45

O Fabril caeu derrotado por un gol a cero na súa visita a Guijuelo, o que supón que tan só conseguiu a vitoria unha vez nos últimos cinco compromisos. 

Na primeira metade os de Óscar Gilsanz sufriron as acometidas do equipo local, que marchou por enriba ao descanso tras un desafortunado autogol de Brais Val. O fabrilista cedeu o balón ao gardarredes e o esférico acabou entrando na porta branquiazul. Na segunda parte os galegos apertaron, máis non deron conseguido a igualada.

Óscar Gilsanz: "Creo que foi un partido en que a primeira parte foi claramente do Guijuelo. (...) A segunda parte foi máis nosa".

O filial deportivista atópase polo momento décimo na táboa, á espera do que pase no resto da xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar