O Fabril remonta pero acaba empatando no campo do Avilés (2-2)
O Fabril remonta pero acaba empatando no campo do Avilés (2-2)
Houbo dúas xogadas polémicas: unha posible expulsión do porteiro local e o penalti que deu orixe ao empate
O Fabril sacou un empate no campo dun dos favoritos, o Avilés (2-2), pero visto o partido perdeu unha grande oportunidade para sumar os tres puntos.
Comezou mal o partido, cos asturianos impoñendo o seu ritmo en ataque e marcando o primeiro gol aos 22 minutos cun remate de Aborda. Rematado ese abafamento inicial, o Fabril pasou a dominar, anulóuselle un gol a Martín Ochoa e Jairo empatou xusto antes do descanso.
Na segunda parte, Mati Castillo fixo o 1-2 ao pouco de comezar. Co Fabril facendo moito dano á contra, o colexiado perdoou a expulsión do porteiro local. Tamén foi protestado o gol que deu orixe ao empate, un penalti que transformou Natalio.