O Frigoríficos clasifícase con moito sufrimento para a tercera rolda da Copa do Rei
O Frigoríficos clasifícase con moito sufrimento para a tercera rolda da Copa do Rei
Precisou dunha prórroga e dos lanzamentos de penalti para derrotar un Alacant de inferior categoría
No balonmán, temos hoxe eliminatorias da Copa do Rei. Esta mañá xogou en Alacante o Frigoríficos do Morrazo. Sufriu moito para pasar aos oitavos de final logo dunha prórroga e dun empate final de 32-32, a eliminatoria resolveuse na quenda de penaltis.
Aí foi mellor o equipo cangués, que non fallou ningún lanzamento. Alacante fallou os dous primeiros. Fodorean anotou o decisivo sete metros despois dun choque irregular dos de Nacho Moyano, que pareceron sentenciar nun notable primeiro tempo (12-18), pero que se desfixeron na segunda metade, nunha desas desconexións tan habituais nesta tempada.
Vitoria sufrida do BM Cangas, malia que o Alacante é un equipo dunha categoría menor.
Esta noite, tamén de Copa. Hai derbi no Rosal entre o Novás e o Cisne.