Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Frigoríficos volve á Albericia, escenario da súa última vitoria a domicilio

O Frigoríficos volve á Albericia, escenario da súa última vitoria a domicilio

O choque desta fin de semana é unha final para os dous equipos, separados por tan só tres puntos na clasificación

G24.gal 21/03/2024 12:06 Última actualización 21/03/2024 12:11

O Frigoríficos do Morrazo regresa este sábado ao pavillón A Albericia, escenario en que logrou a súa última vitoria a domicilio na liga Asobal.  Foi o 15 de novembro de 2022, na xornada 11 da pasada tempada.

O equipo de Nacho Moyano levou os dous puntos da pista cántabra (28-33), nun partido no que foron decisivos os goles de Brais González, Santi López e Jenilson Monteiro -16 entre os tres-.

Desde aquela vitoria ante o Sinfín, o Frigoríficos non volveu a celebrar unha vitoria lonxe do Gatañal na competición doméstica. O seu balance é de 17 derrotas e 3 empates nas pistas do Huesca, Nava e Atlético Valladolid.

O choque desta fin de semana é unha final para os dous equipos, separados por tan só tres puntos na clasificación. O Sinfín, que gañou na primeira volta en Cangas, pecha a zona de descenso con sete puntos, tres menos que o Frigoríficos, que ocupa o posto de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade