Publicador de contidos
Publicador de contidos

O furacán Helene deixa máis de 40 mortos no sueste dos Estados Unidos

O furacán Helene deixa máis de 40 mortos no sueste dos Estados Unidos

Tocou terra na Florida o venres con ventos de máis de 200 quilómetros por hora e unha mareira cualificada como catastrófica

G24.gal 28/09/2024 19:46 Última actualización 28/09/2024 20:04

A vista de dron pódese ver a devastación causada polo furacán Helene nunha pequena localidade da Florida situada no golfo de México. Pero a destrución é similar en moitos lugares do sueste dos Estados Unidos, onde se levan contabilizado máis de 40 persoas falecidas.

Entre as vítimas hai persoal dos equipos de rescate e bombeiros. E repítense as imaxes de rúas anegadas, cascallos, e fiestras e tellados levantados.

Helene tocou terra na Florida o venres de madrugada, con ventos de máis de 200 quilómetros por hora e unha mareira cualificada como catastrófica.

Catro millóns e medio de persoas quedaron sen enerxía eléctrica en varios estados e case un milleiro de voos foron cancelados nos aeroportos internacionais de Tampa, Atlanta e Charlotte. 

O furacán foi perdendo intensidade a medida que se adentraba en terra, pero aínda causou problemas en Xeorxia, con varios hospitais sen enerxía eléctrica e ducias de veciños atrapados nas súas casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade