Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Galicia en Goles vive sobre a cancha a festa do Burela tralo título europeo

O Galicia en Goles vive sobre a cancha a festa do Burela tralo título europeo

Xogadoras e corpo técnico do conxunto da Mariña conversaron coa Radio Galega nada máis rematar a final do Campionato de Europa

G24.gal 05/12/2021 15:32

Con 16 goles a favor e cero en contra nos tres partidos desputados, o Burela FS amosou ser a raíña de Europa neste torneo oficioso desputado dende o pasado xoves no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Nada máis rematar o encontro, sobre o parqué, Andrés Vieites puido recoller de primeira man as impresións das xogadoras e o adestrador do equipo laranxa. Polos micrófonos da Radio Galega pasaron a capitá Peque, Emilly, Cilene, a galega Lara Balseiro, Ale de Paz e, finalmente, un afónico Ivan  Cao "Lucas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade