Publicador de contidos
Publicador de contidos

O goberno acepta falar das axudas europeas pero non do fondo covid

O goberno acepta falar das axudas europeas pero non do fondo covid

Todas as comunidades reclamaron protagonismo na repartición dos fondos europeos

G24.gal 26/11/2021 21:53

A vixésimo quinta Conferencia de Presidentes celebrarase na illa da Palma en xaneiro. Na xuntanza preparatoria, e á marxe da súa cor política, todas as comunidades reclamaron que se lle dea protagonismo á repartición dos fondos europeos.

Vicente Soler, conselleiro de Facenda da Generalitat Valenciana "Desexariamos que houbese unha maior participación das comunidades autónomas"

Enrique López Conselleiro de Presidencia da Comunidade de Madrid "Lembremos que so 21.000 millóns dos 70.000 que vai recibir España corresponden na execución ás comunidades autónomas e o resto, eses 50.000 millóns, descoñecemos cales son os criterios que vai seguir o Goberno de España na súa adxudicación. E iso xera un risco de arbitrariedade"

Galicia acudía con tres asuntos prioritarios e non se aceptou ningún. O vicepresidente Alfonso Rueda entende se deixe fóra o do reto demográfico, pero non tanto os outros dous.

Alfonso Rueda, Vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia "Eu vin un acordo bastante grande nesta reunión en que hai que falar do fondo Covid, que ten que seguir en 2022, e o mesmo respecto a todos os problemas que son comúns a todas as comunidades autónomas derivadas dsa falta de prazas de Atención Primaria, da necesidade de elevar as acreditacións en pediatría, no caso de Galicia"

Pero o executivo cre que bastan cos 7.000 millóns extra para as autonomías incluídos nos presupostos.

Isabel Rodríguez, voceira do Goberno e ministra de Política Territorial: "pasou o momento da emerxencia na xestión sanitaria, que foi o que propiciou eses fondos Covid e agora o Goberno segue garantindo vía presupostos xerais o máximo financiamento que nunca tiveron as comunidades autónomas".

Na xuntanza non houbo representación vasca. O lendakari é baixa case segura.

Aitor Esteba, voceiro do PNV no Congreso "Cada un vai alí, bota o seu discurso que non ten que ver un co outro, logo sanciona o presidente, que pecha e ata logo. Iso non serve para nada".

Si participou a conselleira catalá de Presidencia, pero Pere Aragonès aínda non confirmou a súa asistencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade